Mostrando entradas con la etiqueta feminidad. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta feminidad. Mostrar todas las entradas

jueves, 20 de diciembre de 2012

Os ritos pagás da fertilidade seguen vivos na cultura galega


Camiño Noia edita unha obra que afonda na figura da muller en mitos, lendas e contos.
 Lendas en pedra da maternidade, como se titula o artigo asinado por Noia e Navaza, é un dos 17 traballos que se recollen na publicación Imaxes de muller. Representacións da feminidade en mitos, lendas e contos, unha compilación de estudos cos que afondar na figura da muller nas diversas tradicións europeas e nos contos folclóricos, “un tema esencial para poder comprender mellor, mesmo nesta etapa tecnolóxica, os conflitos humanos, persoais ou colectivos”, subliña a catedrática Camiño Noia, editora da obra, que explica que o libro reúne boa parte das intervencións presentadas no VI Encontro do Groupe de Recherche européen sur Narrative orale (GRENO / ERGON), celebrado entre o 7 e o 10 de novembro do 2011 en Mondariz Balneario e Santiago de Compostela.

19/12/2012, DUVI << VER NOTICIA